Mostrando entradas con la etiqueta #XAQUE O VIRUS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #XAQUE O VIRUS. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de mayo de 2020

MINDFULNESS

MINDFULNESS é un modo de vida que brinda as ferramentas necesarias para que os nenos e os adultos recoñezan as súas emocións, pensamentos e sensacións corporais e teñan a posibilidade de expresalos e aceptalos dende a amabilidade.

FAMILIA, COÑECEDES OS BENEFICIOS DO "MINDFULNESS"?

🌱 Mellor manexo das emocións conflictivas e o cultivo do autocontrol.

🌿 Maior predisposición cara ao contacto cos demais desde a amabilidade, a conexión e a confianza.
🌾 Aumento de confianza nun mesmo.
🍀 Máis facilidade para conseguir un estado de calma na vida diaria.

🍃 Mellora da permanencia no aquí e o agora, fomentando a concentración, a atención sostida e o establecemento de metas.



Hoxe propoñémosvos aos papis e mamis unha CHARLA moi interesante con Andrea, Neuropsicóloga Infantil de "Arrolo, Desarrollo Infantil" e Berta Muñoz, psicóloga perinatal e instructora de Mindfulness para nenos, sobre a importancia de ensinar aos máis peques a cultivar o seu mundo emocional, e como pode axudarnos o Mindfulness nese aspecto. 🌈

Ademais, darán CONSELLOS para soportar a DESESCALADA e adaptarnos mellor á volta á vida diaria. 🏡







Será un video en DIRECTO na conta de INSTAGRAM de @arrolo.desarrolloinfantil
XOVES 7, ÁS 19:00 h.

ESPERÁMOS QUE VOS GUSTE MOITO ESTA NOVA PROPOSTA!!




martes, 5 de mayo de 2020

CONTACONTOS COA BRUXA MARUXA

BOS DÍAS FAMILIA 👋


ATENCIÓN ❗❗

Os nosos compañeiros do blog CEIP Manuel Murguía e o blog CEIP Salgado Torres, organizaron un CONTACONTOS VIRTUAL para este MÉRCORES, 6 DE MAIO AS 18:00h. 
Será un contacontos especial, pois contaremos coa presencia da “BRUXA MARUXA” interpretada pola actriz coruñesa Gema Ulloa. 

INSTRUCIÓNS:


Terédesvos que poñer en contacto con eles a través do correo que facilitamos no cartel, o cal figura abaixo do texto, unha vez feito esto enviaranvos a invitación. 📩

É IMPORTANTE que ao mandar o correo, lles facilitedes o voso NOME e CENTRO ao que pertencedes. 
(CEIP ALBORADA) 





ANIMÁDEVOS, VAI SER XENIAL  👏 


viernes, 1 de mayo de 2020

Día do traballador!!!

Boas nenos e nenas!!!💙💜💙😎. ¿Sabedes? ¡¡hoxe é un GRAN DÍA!! 👪👥👤💫

Estarédesvos preguntando porqué, pois ben, HOXE É 1 DE MAIO; DÍA INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.
👧👦, que celebramos para recordar a tódolos traballadores que loitaron a reo para que todos teñamos unhas condicións laborais dignas. 💓💫
Estos homes e mulleres loitaron para que nós e as nosas familias, podamos ter un traballo con horarios xustos, co que podamos manternos e sobre todo un traballo no que nos sintamos igual de felices que nos sentimos nós cando traballamos para vós. 😊💚

E ademáis... traémosvos unha sorpresa💥 que tíñamos moitas ganas de ensinarvos, o voso traballo, os vosos sorrisos e os vosos arcos da vella co que imos celebrar xuntos, este día único e xenial no que recordamos a todos os que loitan para que todo saia ben!! Grazas  a todos e Feliz Día do Traballo!!  💞💞👧👦👨👩👴👵

  



*Esperamos con moitas moitas ganas as vosas novas respostas ao último reto!! Ánimo familias!!💪💕

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO!

Mooooi bos días amiguiños e amiguiñas! 👋

Como xa vos adiantabamos onte, hoxe é 23 de abril, o 
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO! 📖📚
E agora máis que nunca, estando na casiña, que seríamos nós sen un libro? 🏡

Seguro que todos vos tedes mooooitos na casa, como a nosa compi Aitana, que na resposta ao RETO 13 estivemos a ver como os limpaba e colocaba 😉




Pois para celebrar este día tan especial con todos e todas vos, propoñémosvos estes contos tan divertidos! 🎉
Esperamos que os gocedes tanto como todos e todas nós! 









Os monitores e monitoras do cole mandámosvos moitas apertas, e animámosvos a seguir pasándoo tan ben en familia! 💛 🌈




martes, 21 de abril de 2020

EMOCIÓN E BAILE


¡¡Boas rapaces!!, ¿cómo van esas tarefas?. Estamos seguros de que sempre votades unha man na casa pero estes días tedes unha motivación extra: seguir acumulando eses antivirus que pouquiño a pouco nos achegan as nosas metas.

Pois ben, hoxe vimos a falarvos de esa abraiante capacidade humana que consiste en emocionarse.😆😍😕😒😆
 ¿Cantas emocións diferentes sodes quén de recoñecer? ¿Cómo nos comportamos segundo esas diferentes emocións? Para contar un pouco sobre todo isto traemos a un amigo mui especial que de seguro ides recoñecer. Unha pista.. pode ser azul, vermello, amarelo, verde... e sabe contar contos coma ninguén.💚



Despois de esta aventura xunto co noso pequeno amigo, ¿que tal un pouco de baile? 💃💃💃 
Esta vez vimos cun baile con moitas partes, pero todas poderemos atopalas ¡¡¡moi preto!!! tanto que forman parte do noso corpo. ¿Seremos quen de seguir o ritmo? Comezamos en 3,2,1...




jueves, 16 de abril de 2020

ARTE E MOVEMENTO!!

OLA OLAAA RAPAZAS E RAPACES!!! 

¿Cómo levamos a semana? Sabemos que estandes a facelo mellor que ningúen e por iso cada día estamos máis preto de conseguir ese XAQUE AO VIRUS. 
Quedando na casa, lavando ben as mans e divertíndonos cos nosos retos todo sairá ben!! 😎💓

Onte como sabedes, celebrouse o DÍA MUNDIAL DO ARTE! Este día foi elexido o 15 de Abril por ser o día no que naceu un dos máis xeniais artistas de tódolos tempos, Leonardo Da Vinci. 
Como xa sabemos o arte é un dos inventos máis xeniais do ser humano. A través do arte expresamos un montón de emocións, realidades e situacións que nos serven para contarlle a outros como vemos e percibimos o 🌍. 
O arte é un increíble e importantísimo recurso, e por iso traémosvos un xenial video que conta como foi a época na que viviu o noso homenaxeado e increíble Leonardo. ¿Acompañádesnos? 




E despoís deste video, imos  a presentarvos unha idea xenial para facer un circuito super molón dentro da casa. 
Só necesitaredes: uns cantos papeis que podedes pintar, unha man (a vosa man), un plato para os círculos e un zapatiño para deseñar os pés. 
E xa podemos crear un pasadizo super molón!! 
Podemos empregalo por exemplo para percorrer un pequeno traxecto dentro da casa, para ir do sofá a cociña e repetilo cantas veces queiramos mentres coidamos o noso corpo. 
PROBAMOS?



* Recordade enviar as vosas respostas ós nosos retos e seguide moi atentos porque o que ben mañá vai servir para que moitos nenos coma vós e moitas outras persoas, saiban que estamos na casa pero non paramos para poder vencer xuntos!!




sábado, 11 de abril de 2020

XA CHEGA A PASCUA!!

Ola super aventureiros!! Cómo van esas viaxes imaxinarias?? Sabemos que a vosa imaxinación e súper poderosa, asi é que estamos seguros que o RETO número 9 está máis que superado.

Como xa sabedes mañá e o día da pascua, asi que traémosvos un xenial video animado dos nosos amigos "Masha e o oso". Debuxos, que sempre nos recordan que a unión da natureza cos seres humanos é a unión que máis debemos de esforzarnos por coidar. 

Antes un pouquiño da curiosa historia sobre esta tradición:

Os ovos de pascua, teñen a súa orixe na súa asociación coa fertilidade, posto que estas datas coinciden coa estación primaveral, estación fértil por excelencia. 🌷🌸
De este xeito, mui pronto os pasteleiros comezaron a elaborar estes ovos empregando diferentes ingredentes. Primeiro foi o azucre e xa logo o chocolate!! 🍫
Na Idade Media este intercambio de ovos, realizábase con ovos de tartaruga, tratando primeiro a súa cáscara, para así decorala. Moitas das veces eran verdadeiras obras de arte. 
(Serían tartarugas ninja?) 😱

Masha e o oso sorpresa, sorpresa!!💓


E a continuación un xenial video en 360º da fermosa película "O libro da selva". 
Proba esta increíble experiencia pulsando sobre a pantalla e percorrendo o xenial mundo natural do sempre xenial Mowgli. E non esquezas...
Busca o máis vital!!💚🙈


sábado, 4 de abril de 2020

NÓS CRECEMOS XOGANDO

Boas rapaces!!! Xa veu a fin de semana e coma sempre queremos que veña chea de moitas novas e divertidas aprendizaxes pero sobre todo moitos xogos!! 😎

.Seguramente todos coñecedes o tradicional xogo da oca, pois ben como xa sabedes que a nós sempre nos gusta crear cousas diferentes, imos a propoñervos esta oca molona e sobre todo en mui boa forma. Xogamos??💪😆









 .Por outro lado deixámosvos un video para viaxar lonxe do noso planeta con un compañeiro mui espacial e mui especial. Boa finde pequenos xigantes!! 💫💥

* ( Recordade que todolos vosos monitores estamos mui atentos para ver as vosas respostas semanais os retos, pronto gañaremos!!)