RETO 13

RETO 13: 20 de abril de 2020

Ola rapazas e rapaces! 
Esperamos que pasásedes unha moi boa fin de semana e esteades preparadas e preparados para os novos retos que vos traeremos esta semana para seguir divertíndonos e sumando puntiños e así vencer ao virus.

RETO CORPO EN FORMA:
AXUDA NA CASA

Agora que todos pasamos un montón de tempo na casa dámonos conta de que hai unha morea de TAREFAS DOMÉSTICAS que facer verdade? 
Pois o seguinte reto consiste en axudar no traballo da casa, seguro que moitos de vos xa o facedes a miúdo a que si? 
Para superar este reto so tedes que colaborar en algunha tarefa como por exemplo: facer a cama, ordenar o cuarto, poñer a mesa.. 

Sería xenial que este fose un reto a superar todos os días!

RETO MENTE EN FORMA:
ADIVIÑANZAS

Chegou o momento de concentrarse e intentar resolver as seguintes adiviñanzas. Hainas sinxelas pero para dar coa resposta axeitada de algunha delas ides ter que empregar todo o voso enxeño. 
Velaí van:

1. Algúns meses teñen trinta e un días, outros solo trinta. Cantos teñen vinte e oito?

2. Corren máis que os minutos pero nunca chegan os primeiros, quenes son?

3. En Melilla hai tres, en Madrid ningunha, en Sevilla dúas e en Galicia unha.

4. Un cabalo branco entrou no Mar Negro, como salio?

5. Se ti vas conducindo un autobús con dez persoas e se baixan seis, cantos anos ten o condutor?

6. Se tes sete velas prendidas e se apagan dúas, cantas velas quedan? 

7. Cal é a estrela que non ten luz? 

8. Un galo sube ao alto dunha montaña e pon un ovo. Se o vento sopra de Norte a Sur, cara onde cae o ovo?

9. Que se molla mentres che seca?

10. Cal é o animal que ten mais dentes?


RESPOSTAS:


1- Todos

2- Os segundos

3- A letra M

4- Mollado

5- Os teus , porque conduces ti

6- Sete velas

7- A estrela de mar

8- Os galos non poñen ovos

9- A toalla

10- O ratiño Pérez


Que vos pareceron, sinxelas ou difíciles? Agora para rematar con este reto o que queremos é que INVENTEDES vos unha ADIVIÑANZA e a ver si somos capaces de resolvela! Mandádenos un vídeo contándonos a adiviña que pensáchedes e a resposta decídela uns segundos mais tarde. Si se vos ocorren mais podedes mandarnos cantas queirades!


LEMBRADE:
Fotos: 1punto
Vídeo: 10 puntos

Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos e que os vosos compañeiros vos vexan, que de seguro teñen moitas ganas, debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfk67D-SR6PjBRDOhylnq46nUyWKQn2kAdZBiCT5PLxWzLuPA/viewform

No hay comentarios:

Publicar un comentario