RETO 18

RETO 18: 1 de maio de 2020

Boas a todas e a todos! Que tal estades? Seguro que agora que podedes tomar un pouquiño o aire na rúa, e vendo que pouco a pouco imos vencendo ao virus estades moito máis contentos e contentas. 
Así que, aproveitando todo ese ánimo imos superar as probas que vos traemos para hoxe!

RETO MENTE EN FORMA:
SOPA DE LETRAS

Algunha vez fixéstedess algún pasatempo? Hoxe propoñémosvos facer unha SOPA DE LETRAS, consiste en atopar palabras no recadro que vos mostramos a continuación. 
Hai seis nomes de animais escondidos, non vos diremos cales son para que sexa un pouco máis complicado , se non atopades algún podedes pedir axuda a un maior. Unha vez acabedes tedes que facer un debuxo con todos os animais que atopáchedes.




RETO CORPO EN FORMA:
EQUILIBRIO E VELOCIDADE

Preparadas e preparados para superar o seguinte RETO? Para levalo a cabo necesitamos un libro que non sexa moi pesado. 📚
A proba consiste en, colocar o libro na cabeza e avanzar sen que nos caia tantos pasos como sexamos capaces. Podemos aumentar a dificultade facéndoo cada vez mais rápido. Canto tempo das aguantado? 🕔

Agora imos traballar un pouco a velocidade, para este exercicio necesitamos tan solo un papel que ben pode ser unha folla de periódico ou un folio. 
Situarémonos no espazo máis amplo para poder correr sen chocar con nada.
Colleremos o folio e colocámolo sobre o peito e a barriga e temos que correr SEN AGARRALO coas mans, intentando que tarde o máximo tempo posible en caer ao chan. Para iso temos que procurar ir rápido. 🙌
Móstranos as carreiras que te pegaches nun vídeo!


Recordade: 
Fotos 1 punto
Video 10 puntos

Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfk67D-SR6PjBRDOhylnq46nUyWKQn2kAdZBiCT5PLxWzLuPA

No hay comentarios:

Publicar un comentario