RETO 25: 18 de maio de 2020
Ola rapazas e rapaces! Esperamos que pasásedes unha moi boa fin de semana e disfrutásedes do soliño que se pasou pola nosa zona estos días.
Ola rapazas e rapaces! Esperamos que pasásedes unha moi boa fin de semana e disfrutásedes do soliño que se pasou pola nosa zona estos días.
Aquí vos traemos os novos retos para hoxe!
RETO CORPO EN FORMA
Vexamos como vai esa puntería!
Intenta encestar unha pelota ou bola de papel dentro de un cubo, dunha caixa de zapatos, dunha papeleira... o que teñas máis a man pola casa.
Comeza dende unha distancia de tres pasos e cando o consigas aumenta a distancia en un paso! Demostrádenos dende que distancia sodes capaces de encestar!
RETO MENTE EN FORMA
Tedes por aí o dado que fixestes o outro día? Para este reto ímolo necesitar, se non é ese outro que teñades pola casa. A seguinte proba consiste en inventar unha historia cos elementos que vos toque ao tirar o dado.
Na primeira tirada elixiremos ao PERSONAXE:
1/4 Oso famento
2/5 Lobo cansado
3/6 Galiña voadora
Na segunda tirada veremos cal é o ESCENARIO:
1/4 Nun lago
2/5 Nun pobo
3/6 Nunha selva
Na terceira tirada teremos o que lle acontece ao noso ou nosa protagonista:
1/4 Cazado por un tornado
2/5 Perdeu a memoria
3/6 Descubriu un tesouro
Podedes mandarnos un vídeo contándonos a vosa historia ou tamén representándoa!
Recordade:
Fotos 1 punto
Video 10 puntos
Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario