RETO 26

RETO 26: 20 de maio de 2020

Ola rapaces e rapazas!!😎😍 chega o sol e xa se van sentindo os seus raios nos nosos sorrisos 😊💥

Levamos xa un tempo xuntos nesta aventura diferente, na que aprendemos moito con vós, e esperamos que sigades con moita enerxía para estas semana que quedan.
 O Xaque o Virus está xa máis preto; todos aprendimos a lavar moi ben as mans, a manter as distancias e a protexernos, e é por isto, que todo está saíndo moi ben!! 💙


Hoxe traémosvos dous novos retos para os que estamos seguros estades preparados, collemos aire...💨 e comezamos!! 💃💃



RETO CORPO EN FORMA:

Para este reto imos necesitar ademáis de moita enerxía, empregar moito a nosa amiga imaxinación 🙈😎 



De seguido imos a propoñervos unha lista de cousas, personaxes ou situacións que deberedes representar.
 Para algunhas damósvos máis pistas sobre como representalas e para outras teredes que ser todo o creativos que sabemos que sodes.

A lista comeza sempre con: "Eu son..." porque tedes que imaxinar con tódalas vosas forzas que sodes o que se explica no texto. 

💙Eu son un chicle que vai polo chan pegándose e despegándose. 

💛 Eu son un coche que vai moi rápido pero sempre chega o mesmo sitio.

💜 Eu son unha saltarina que da 2 veces 5 botes para cada lado.

💙 Eu son un barco que se afunde cara arriba.

💛 Eu son un señor moi maior que se senta e se levanta cinco veces do revés. 

💜Eu son unha tormenta que axita as ramas de un árbol xigante.

💙 Eu son un león que camiña 10 pasiños para adiante e 10 pasiños para atrás. 

💛Eu son unha nube que viaxa polo aire ata chocar cunha montaña.

💜Eu son un bailarín de muñeira que sabe bailar do dereito e do revés.

↦Chegamos o final!!! 💃💃💃😎  esperamos con moitas ganas as vosas respostas e sobre todo, que teñades sempre a imaxinación a punto para pasar ratiños divertidos nos que ademáis de facer exercicio estaredes desenrolando o artista que todos levamos dentro.



RETO MENTE EN FORMA:

Para este reto, tedes que elexir cinco palabras en galego que vos gusten moito ,e de seguido facer un debuxo no que aparezan cando menos tres, das cinco palabras que elexistes. 😊

Como sempre o debuxo pode ser recortando formas con papelpintandoempregando cachinos de revistas,cartón... todo o que se vos ocurra.
 A nosa lingüa ten palabras fermosas que de seguro vanse poñer mui contentas de que artistas coma vós as debuxen. Creatividade sempre!! 💙💚💛💜 



( Ilustracion de Joohee Yoon) XEADO, CAN, OVO💓



LEMBRADE:

Fotos: 1punto

Vídeo: 10 puntos



Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos e que os vosos compañeiros vos vexan, que de seguro teñen moitas ganas, debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:


No hay comentarios:

Publicar un comentario