RETO 6: 3 de abril de 2020
Ola ola familia!! Como o vades levando? Nos seguimos propoñendovos novos retos para poder conseguir eses "antivirus" tan valiosos, xa que todo o mundo esta na procura deles. Confiamos en vos!! 💪
PROBA MENTE EN FORMA
MARCAPÁXINAS MOLÓN
Estes días na casa sírvennos para facer moitas cousas, moitas que normalmente non facíamos, e que ben senta ter tempo para volver a facelas!!
Unha delas é ler, seguro que alguén da vosa casa está a ler e non ten un MARCAPÁXINAS MOLÓN, verdade? 📚
Pois… IMOS DISEÑAR UN!!
É súper sinxelo, só necesitamos, unha cartulina ou papel, e cores para pintar!
Unha vez teñades listo o voso marcapáxinas, queremos ver o bonito que quedou!
Aquí vos deixamos unhas ideas diferentes de separadores! ARRIBA ESA IMAXINACIÓN! 💭
PROBA CORPO EN FORMA
IOGA
IOGA
Sabedes que o ioga e suuuuuuper bo para relaxarse? Algunha vez practicástelo? E coas distintas posturas dos animais? 🐶🐱
Colocádevos enriba dunha alfombra e practicade as diferentes posturas!
Imos a exercitar todo o corpo!! Atreveste? ✌
Que posturas logras facer? Queremos foto ou video delas!
Esperamos que vos gustaran moito os retos de hoxe, e animámosvos a que sigades con esa alegría para vencer ao Coronavirus! Todos xuntos conseguirémolo!!
Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos e que os vosos compañeiros vos vexan, que de seguro teñen moitas ganas, debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario