Reto 9: 10 de abril de 2020
(Hoxe ademáis querémosvos pedir, sempre que teñades na casa,si non nos vos preocupedes,que vaiades xuntando algunha botella co seu tapón,algún rolo de cartón de papel hixiénico e algún vasiño de iogurt para próximos retos creativos.)
Ola, ola super heroes!! Prontiño chegaron as vacacións de semana santa!! Xa sabemos que temos que pasalas na casiña 🏡 pero... quén dixo que dentro da casa non se podía viaxar?? Dende logo, quen dixo eso, non coñecía a nosa amiga imaxinación!! Nós temos moitísima sorte de tela sempre cerquiña e por iso sabemos que podemos visitar calquera lugar sin sair afora.💟💃
(Hoxe ademáis querémosvos pedir, sempre que teñades na casa,si non nos vos preocupedes,que vaiades xuntando algunha botella co seu tapón,algún rolo de cartón de papel hixiénico e algún vasiño de iogurt para próximos retos creativos.)
PROBA CORPO EN FORMA:
IMAXINA SER...
Para este reto imos viaxar a diferentes lugares.. ¿cómo? Imaxinando que somos persoaxes diferentes en diferentes situacións, imos ver:
1.Eu son un corredor nunha grande carreira polo parque máis fermoso do mundo: corre no sitio, cun grande sorriso mentras imaxinas que a meta está mui cerquiña e todos aplauden para que gañes.
2.Eu son unha araña que camiña pola casa buscando un oco para texer a miña rede : no chan móvete deslizándote como o faría spiderman.
3.Eu son un coello saltarín que tenta meterse dentro dunha película de debuxos animados: salta coas mans xuntiñas por detrás da espalda e os pés xuntos como si quixeras entrar dentro da cámara de rodaxe da película.
4.Eu son un cantante mui famoso que baila movendo todo o corpo no concerto que están vendo milleiros de persoas: Baila movendo cada parte do teu corpo con toda a enerxía que teñas,que sabemos que é moita.
5.Eu son a persoa que máis me quere e por eso aplaudo forte forte mentres os monitores do meu cole, que me están vendo, aplauden conmigo por este novo reto conseguido!!!
(Non podemos estar máis orgullosos de cómo estades xogando nesta batalla con nós, a imaxinación sempre será a nosa forza, gañaremos!!)
PROBA MENTE EN FORMA:
EN TRES, DOS UNO... ACCIÓN! 🎬
Seguimos a viaxe? Agora imos a viaxar ata unha sala de cine😎 Qué vos parece? O cine é un xenial recurso para aprender moitísimas cousas asi que... pode que non teñamos palomitas pero o que sí temos é unha película preferida ¿a que sí?
Pois ben para este reto queremos que elixades unha peli que vos guste moito moitísimo, e debuxedes como sería o cartel que colocaremos nos cines para presentala.
Xa sabedes, moita imaxinación e moitas cores!! Non esquezades poñerlle o título, nós agardamos os vosos debuxos para comprar a entrada da que seguro será a película mellor presentada da historia do cine. Acción!!
Esperámosvos prontiño con novos e trepidantes retos que superar xuntos!!
Entre todos derrotaremos este virus!!
Recordade:
Fotos: 1punto
Vídeo: 10 puntos
Animádevos!!
Recordade:
Fotos: 1punto
Vídeo: 10 puntos
Animádevos!!
Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos e que os vosos compañeiros vos vexan, que de seguro teñen moitas ganas, debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
No hay comentarios:
Publicar un comentario