RETO 1

RETO 1: 23 de marzo de 2020


PROBA MENTE EN FORMA:
A UNIÓN FAI A FORZA

Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a      gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso esto lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita,  fagámolo  visible con algo obrigatorio para todos nestes días e que nos une e fai máis fortes.

O reto consiste en facer visible o lema #QuédateEnCasa,  en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra.

Atréveste?? Fácil non?? Pois adiante….





PROBA CORPO EN FORMA:
QUENTANDO MOTORES

Para manterse en forma hai que exercitarse en casa. propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:

  • Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces
  • Exercicio 2: De pé e coa mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
  • Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
  • Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
  • Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabezaá esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.



No hay comentarios:

Publicar un comentario