Bos días compañeiros e compañeiras! Que tal levades o comezo do bo tempo? ⛅
Dan ganas de sair de paseo, na bici... e disfrutar da natureza que nos rodea! 🌿🍃
Imos comezar unha semana nova con enerxía, estades listas e listos?
RETO CORPO EN FORMA:
Xa que podemos gozar de facer deporte na rúa, propoñémosvos uns exercícios moi fáciles e que podedes facer coa persoa que vaia con vos de paseo. Estades listas e listos?
Antes de nada é suuuper importante quentar! Así que, quentade ben os nocellos, xeonllos, cadeira e os brazos. Ahora sí. 🏃
1. Busca na rúa un banco. Terás que subir e baixar del 10 veces, OLLO, alternando a perna de apoio!
2. Busca un bordillo. Terás que dar ata 10 pasos sen caerse, aguanta ese equilíbrio!
3. Agora é o turno de encontrar unha pequena escaleira con máximo 3 peldaños. Encontráchela? Pois ahora subea con saltiños laterais. 10 veces, 5 de cada lado.
Listos? Pois queda outra cousa super importante. Os estiramentos!
Acordádevos de estirar, para maña non ter maniotas 💪
RETO MENTE EN FORMA:
Tede a man, folios e dous rotuladores! Unha vez o teñades todo listo, necesitamos a alguén que xogue con nós!
O xogo consisitirá en que un xogador coloca un folio na espalda do outro, e debuxará o que él queira.
Mentres o outro está debuxandolle, este terá que representar o debuxo nun papel, intentando que sexa similar.
Que pasedes mooooi bo luns, familia!!
Recordade:
Fotos: 1 punto
Video: 10 puntos
Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario