Reto 20, 6 de Maio de 2020
Ola, ola rapaces!!!👋😍 Cómo están indo estes días nos que xa podemos sair un ratiño a rúa?
Estamos seguros de que estades tan contentos coma nós de poder pasar un ratiño fora mentres chegan os días de sol!
Ola, ola rapaces!!!👋😍 Cómo están indo estes días nos que xa podemos sair un ratiño a rúa?
Estamos seguros de que estades tan contentos coma nós de poder pasar un ratiño fora mentres chegan os días de sol!
Recordade lavar moito moito as mans💦, non xogar con outros nenos mentres non nos den permiso para así non contaxialos nin contaxiarnos nós 💗 e tódalas normas de hixiene e distanciamento que temos que aprender para que todo saía moi ben.
E agora, imos cos nosos retos que nos están dando moitos puntos e sobre todo bos momentos para divertirnos e aprender cousas novas.
RETO CORPO EN FORMA:
Imos precisar ademáis de moita enerxía💪😊 unha folla de papel na que dibuxaremos (só por un lado) tres cadrados, que pintaremos con tres cores diferentes:
un cadrado vermello, un cadrado azul, un cadrado amarelo.
Recortaremos os cadrados e daremoslle o seguinte significado a cada un deles:
💓 Cadrado vermello: catro saltos cos pés xuntos o máis alto que poidamos.
💙 Cadrado azul: tres saltos a pata coxa con cada perna.
💛 Cadrado amarelo: carreira no sitio mentres contamos ata oito.
Pois ben, colocaremos estes tres cadrados cara abaixo, sen que poidamos ver a cor que hai debaixo, e iremos contestando as cuestións que faremos a continuación.
Se acertamos, seguimos xogando , se non acertamos levantamos un dos cadrados e faremos o exercicio que corresponda coa cor que teñamos sacado. Preparados? 💥😎
Se acertamos, seguimos xogando , se non acertamos levantamos un dos cadrados e faremos o exercicio que corresponda coa cor que teñamos sacado. Preparados? 💥😎
CUESTIÓNS:
1- Que é o que temos que facer moitas veces o longo do día e sempre que cheguemos a casa para manteñer os virus lonxe?
A- Facer a croqueta no chan.
B- Lavar as mans con auga e xabón 40 segundos.
C- Saltar a pata coxa.
2- Cómo temos que tusir ou esbirrar sempre?
A- Como nos saia en ese momento.
B- No cóvado ou nun pañuelo de papel que despois tiraremos.
C- Facendo una reviravolta.
3- Que distancia temos que gardar con outras persoas cando saimos a rúa para coidarnos?
A- 2 metros.
B- 50 metros.
C- Non hai que gardad ningunha distancia.
4- ¿Cántos cores ten o rato Mickey Mouse?
A- Unha.
B- Non ten cores.
C- Catro.
5- Cantos cadeliños aparecen nos debuxos da Patrulla Canina?
A- Tres.
B- Na patrulla canina só hai gatiños.
C- Sete.
6- Cantas patiñas ten unha araña?
A- Oito.
B- Cen.
C- As arañas non teñen patas.
7- Cantos ollos ten unha mosca?
A- Catro.
B- Dous.
C- Un.
8- Cantas praias hay na cidade de A Coruña?
A- En A Coruña non hai praia.
B- Tres praias.
C- Sete praias.
9- Canto líquido colle, nunha botella de un litro?
A- Depende do líquido.
B- Un litro.
C- Depende da marca da botella.
10- Cando tiramos o plástico ou os envases a que colector de lixo temos que facelo?
A- Ó verde.
B- Ó chan 👀👿
C- Sempre o contenedor amarelo.
RESPOSTAS:
1-B, 2-B, 3-A, 4-C, 5-C, 6-A, 7-B, 8-C, 9-B, 10-C.
RETO MENTE EN FORMA
Aínda que xa puxemos a proba a nosa mente no reto anterior imos a prácticar un pouquiño máis con esas cousas creativas que tanto nos gustan.
Esta vez trátase de que fagades un debuxo do voso paseiño fora da casa. Podedes debuxar o que máis vos gusta de ese paseo, algo que vexades cando saídes que vos parezca diferente, cómo vedes a rúa e as persoas ou nenos que camiñan por elas. 💚💃
Sacade toda esa arte que tedes que sabemos que é xigante e que tanto nos axuda a expresarnos e tan importante é para crecer fortes, co super poder da creatividade e a imaxinación 💙
Podedes empregar o material que queirades, xa sabedes a única regra é empregar a creatividade que todos tedes! 😍
Recordámosvos neste gráfico 6 dos milleiros de increíbles vantaxes que ten o debuxo e a expresión artística nas nosas vidas.💓
Recordade:
Fotos 1 punto
Video 10 puntos
*Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario