RETO 15

RETO 15: 24 de abril de 2020

OLA OLAAAA ¿Cómo están os nosos artistas? Xa vén aí a fin de semana!!! 😊 E como sempre imos rematar a semana con moita moita ENERXÍA, estades preparados e preparadas? 



RETO CORPO EN FORMA:



1. Comezamos saltando cos pes xuntos, o facemos polo menos 10 veces.





2. Saltando subindo os xeonllos, temos que subilos o máximo que poidamos, 10 veces tamén.






3. Poñemos as mans no cú, e correndo no sitio tratamos de tocalas cos talóns. Temos que facelo 10 veces.




4. Agora toca abrir as pernas un pouco e tocar, sen dobrar os xeonllos, coa man esquerda o pe dereito, e coa man dereita o pe esquerdo. Repetimos este exercicio 10 veces de cada lado. Acordádevos: NON VALE DOBRAR OS XEONLLOS.





5. Poñemos os pes xuntos, e sen dobrar os xeonllos tratamos de tocar ca punta dos dedos o chan, tratamos de facelo polo menos 5 veces.






6. Abrimos as pernas todo o que poidamos e poñemos os antebrazos no chan e contamos ata 20. 






7. Sentámonos no chan, poñemos a espalda o mais recta posible, e tratamos de collernos os pes acercando o peito ás nosas pernas, coma sempre NON VALE DOBRAR NOCELLOS, repetimos este movemento 10 veces, se colléchedes os pes... conta ata 10 cos pes collidos polas mans.





8. Poñémonos de novo de pe, e abrimos os brazos todo o que poidamos, e movemos as bonecas en círculos, facelo 15 veces con cada boneca.






9. Na mesma posición, movemos primeiro brazo esquerdo facendo círculos, facemos 15 círculos, e despois co brazo dereito facendo círculos tamén outros 15 círculos.





10. Pés xuntos, brazos estirados non vale mover os pes nin os brazos, temos que rematar cos brazos abertos ata contar 20.

BEEEEEN, AGORA IMOS A COMEZAR CO RETO DE HOXE!! 

Imos crear no chan, cuns trociños de cinta adhesiva, de calquera cor que teñades na casa, un TRIÁNGULO que non sexa moi grande. 

Para iso, imos abrir as pernas un pouco e poñemos un trociño o lado de cada pé, e agora deixamos un pé nun deses trociños e poñemos o outro pé detrás e ahí poñemos o outro trociño de cinta adhesiva:




1.- Poñede un pé na letra A e outro na letra B.
2.- Un pé na letra A e outro na letra C.
3.- O pé que está na C movémolo á B.
4.- O pé da letra A movémolo á C e o outro pé queda na B.

Imos repetir isto primeiro despaciño e cada vez o imos facer mais rápido, e imos repetirlo 20 veces.
Temos que facer o exercicio calculando e controlando onde poñemos os pes en todo momento.

VEÑA, QUE QUEREMOS VER QUE TAL VOS SAE ESTE EXERCÍCIO!! 

RETO MENTE EN FORMA:

Agora imos facer unha manualidade nos gustou moito, xa que imos aproveitar algo que sempre tiramos na casa... 
Podédesvos imaxinar o que é? 💭

MATERIAIS NECESARIOS:

- Rolo de cartón do papel hixiénico.


-Lápices ou rotuladores de cores.


E agora imos poñernos mans á obra! Podedes debuxar nel o que vos queirades, a ver qué se vos ocorre! 🙆
Poñémosvos aquí uns moi orixinais, ide collendo ideas para o voso 👀





QUE PASEDES BOA FIN DE SEMANA FAMILIA! VÉMONOS EN NADA 💜


Mandade as vosas fotos e así gañaredes 1 punto...pero si mandades un video facendo este reto, teredes 10 PUNTOSSS!!!


Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos e que os vosos compañeiros vos vexan, que de seguro teñen moitas ganas, debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:


https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfk67D-SR6PjBRDOhylnq46nUyWKQn2kAdZBiCT5PLxWzLuPA/viewform


No hay comentarios:

Publicar un comentario