RETO 5

RETO 5: 1 de abril de 2020

Boas nenos e nenas !! Como levamos eses antivirus? Estamos seguros de que a nosa escola está máis que preparada para derrotar a este virus pesadiño , con todos os súper poderes que temos e que grazas ao nosa inseparable amiga, a imaxinación sabemos que son infinitos. 👏🙅

PROBA MENTE EN FORMA
COMO DE OBSERVADORES SODES?

Para este reto, teremos que aprender xogando ás diferenzas xigantescas que existen entre ver e mirar. Cómo? Ben, todos vimos unha mosca algunha vez, eses pequenos seres con ás que, sobre todo no verán, pasean por todas partes, voando coma tolos. Pero ... realmente parámonos a miralos? Sabemos como son as súas ás, como é a súa cabeza? É un pouco complicado sobre todo porque se moven moi rápido, non si?

Ben, para este reto, teremos que escoller un obxecto, o que queramos (pode ser un xoguete, un obxecto da casa, o que máis che guste). Mírádeo moi moi ben e intentade debuxalo mentres, facendo que se pareza moito moitísimo ao obxecto que estamos a ver.

Estamos seguros de que con este reto, descubriredes moitas cousas nese obxecto nas que nunca antes vos habíandes fixado . Animámosvos a que despois do reto sigades poñendo a proba este super poder tan increíble que é aprender a mirar. Por certo.. mirastes algunha vez como é de verdade o ollo dun ser humán? 😜

PROBA CORPO EN FORMA
EQUILÍBRIO

Vexamos que tal andamos de equilibrio!
A seguinte proba consiste en manterse sobre unha perna o máximo tempo posible, unha vez que a apoiemos repetimos o mesmo coa outra. Fácil verdade?
Pois para complicalo un pouco mais vamos a pasarnos unha pelota ou bola de papel con algunha persoa da casa mentres seguimos intentando manter o equilibrio o máximo tempo posible.
Si nos sigue parecendo moi doado sempre podemos pedir que nos dean pases difíciles de atrapar.

Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos e que os vosos compañeiros vos vexan, que de seguro teñen moitas ganas, debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:

No hay comentarios:

Publicar un comentario