Boas familias, hoxe vos traemos un reto moi completo xa que chega a finde. Animádevos a participar todos pois cantos máis sexamos, máis puntos acadaremos!
Recordáde que poden participar todas as persoas que queirán e os videos son 10 puntazos!
Temos que manternos en forma e facer exercicios que nos sirvan para eso, sabemos que e dificil facer moitos dos exercicios que habitualmente facemos nas clases, pero este vai ser un dos primeiros retos que nos tenemos que propoñer, ADAPTARNOS AO ESPACIO, isto que quere decir:
1- Non podemos facelo enriba da cama, nin do sofá... non queremos que nos riñan na casa😇
2- Temos que ter coidado coas cousas que temos ao noso lado, porque tampouco podemos romper cousas... 😭
Agora que xa temos mais ou menos un espacio pra empezar os exercicios comezaremos co RETO, pero coma sempre primero temos que QUENZER, ollo MOI IMPORTANTE, así evitamos roturas, tiróns... e este vai a ser o reto de HOXE, facer un bo quenzemento.
PROBA CORPO EN FORMA:
QUENZEMENTO
1. Comezamos saltando cos pes xuntos, o facemos polo menos 10 veces.
2. Saltamos subindo os nocelos, temos que subilos o máximo que poidamos, 10 veces tamén.
3. Poñemos as mans detras da espalda...e saltando tratamos de tocalas cos talóns...temos que facelo 10 veces tamén
4. Agora toca abrir as pernas un pouco e tocar, sen dobrar os xeonllos, coa man esquerda o pé dereito, e coa man dereita o pé esquerdo. Repetimos este exercicio 10 veces de cada lado. Acordadevos: NON VALE DOBRAR OS XEONLLOS cando o estamos facendo.
5. Poñemos os pes xuntos, e sin dobrar os xeonllos tratamos de tocar ca punta dos dedos o chan, tratamos de facelo polo menos 5 veces.
6. Abrimos as pernas todo o que poidamos e poñemos os antebrazos no chan, e contamos 20.
7. Sentámonos no chan, poñemos a espalda o mais recta posible, e tratamos de collernos os pes, coma sempre NON VALE DOBRAR NOCELLOS, repetimos este movemento 10 veces, se colleches os pes...conta ata 10 cos pes collidos polas mans.
8. Poñemonos de novo de pe, e abrimos os brazos todo o que poidamos, e movemos as bonecas en circulos, facelo 15 veces con cada boneca.
9. Seguimos de pe, e movemos primeiro brazo esquerdo facendo círculos, facemos 15 círculos, e despois co brazo dereito facendo círculos tamén outros 15 círculos.
10. Pes xuntos, brazos estirados non vale mover os pes nin os brazos, temos que rematar cos brazos abertos ata contar 20.
PROBA MENTE EN FORMA
DEBUXA A CEGAS
Seguimos co noso Xaque o Virus!! como bos guerrilleiros, cantos máis retos levamos superados, máis invencibles nos facemos. Pois ben, para a seguinte proba teredes que empregar moito, moitísimo a imaxinación e nada, nadiña a vista (sen trampas que vos estamos vixiando trasniños...😉 )
- Cos ollos vendados e armados con un lápis, rotulador, bolígrafo ou o que queirades, teredes que tentar dibuxar unha cara sobre un papel. Xa sabedes os ollos, a boca, o nariz ( pode ser o nariz dun paiaso de circo) ou calquera cousa que se vos ocurra. Cando rematedes, podedes destaparvos os ollos para mirar a que de seguro, será a mellor obra de arte da planeta.* Si vos gustou o xogo podedes repetir con calquera outra cousa que se vos ocurra: unha paisaxe con un sol xigante, árbores, nubes, un gatiño, un avión. Xa sabedes imaxinación e diversión son o mellor truco para calquer mago!!
Recordade:Fotos: 1 PuntoVideo: 10 Puntos
ANIMADEVOS!!!
Non esquezas que para poder publicar as túas respostas aos nosos retos debes de ter cuberta a autorización de imaxen na seguinte ligazón:
#quedatenacasa #entrenandoduro #móvete
No hay comentarios:
Publicar un comentario