Mostrando entradas con la etiqueta #FIN DE SEMANA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #FIN DE SEMANA. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de mayo de 2020

Día do traballador!!!

Boas nenos e nenas!!!💙💜💙😎. ¿Sabedes? ¡¡hoxe é un GRAN DÍA!! 👪👥👤💫

Estarédesvos preguntando porqué, pois ben, HOXE É 1 DE MAIO; DÍA INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.
👧👦, que celebramos para recordar a tódolos traballadores que loitaron a reo para que todos teñamos unhas condicións laborais dignas. 💓💫
Estos homes e mulleres loitaron para que nós e as nosas familias, podamos ter un traballo con horarios xustos, co que podamos manternos e sobre todo un traballo no que nos sintamos igual de felices que nos sentimos nós cando traballamos para vós. 😊💚

E ademáis... traémosvos unha sorpresa💥 que tíñamos moitas ganas de ensinarvos, o voso traballo, os vosos sorrisos e os vosos arcos da vella co que imos celebrar xuntos, este día único e xenial no que recordamos a todos os que loitan para que todo saia ben!! Grazas  a todos e Feliz Día do Traballo!!  💞💞👧👦👨👩👴👵

  



*Esperamos con moitas moitas ganas as vosas novas respostas ao último reto!! Ánimo familias!!💪💕

sábado, 11 de abril de 2020

XA CHEGA A PASCUA!!

Ola super aventureiros!! Cómo van esas viaxes imaxinarias?? Sabemos que a vosa imaxinación e súper poderosa, asi é que estamos seguros que o RETO número 9 está máis que superado.

Como xa sabedes mañá e o día da pascua, asi que traémosvos un xenial video animado dos nosos amigos "Masha e o oso". Debuxos, que sempre nos recordan que a unión da natureza cos seres humanos é a unión que máis debemos de esforzarnos por coidar. 

Antes un pouquiño da curiosa historia sobre esta tradición:

Os ovos de pascua, teñen a súa orixe na súa asociación coa fertilidade, posto que estas datas coinciden coa estación primaveral, estación fértil por excelencia. 🌷🌸
De este xeito, mui pronto os pasteleiros comezaron a elaborar estes ovos empregando diferentes ingredentes. Primeiro foi o azucre e xa logo o chocolate!! 🍫
Na Idade Media este intercambio de ovos, realizábase con ovos de tartaruga, tratando primeiro a súa cáscara, para así decorala. Moitas das veces eran verdadeiras obras de arte. 
(Serían tartarugas ninja?) 😱

Masha e o oso sorpresa, sorpresa!!💓


E a continuación un xenial video en 360º da fermosa película "O libro da selva". 
Proba esta increíble experiencia pulsando sobre a pantalla e percorrendo o xenial mundo natural do sempre xenial Mowgli. E non esquezas...
Busca o máis vital!!💚🙈


sábado, 4 de abril de 2020

NÓS CRECEMOS XOGANDO

Boas rapaces!!! Xa veu a fin de semana e coma sempre queremos que veña chea de moitas novas e divertidas aprendizaxes pero sobre todo moitos xogos!! 😎

.Seguramente todos coñecedes o tradicional xogo da oca, pois ben como xa sabedes que a nós sempre nos gusta crear cousas diferentes, imos a propoñervos esta oca molona e sobre todo en mui boa forma. Xogamos??💪😆









 .Por outro lado deixámosvos un video para viaxar lonxe do noso planeta con un compañeiro mui espacial e mui especial. Boa finde pequenos xigantes!! 💫💥

* ( Recordade que todolos vosos monitores estamos mui atentos para ver as vosas respostas semanais os retos, pronto gañaremos!!)