RETO 17

RETO 17: 29 de abril de 2020


OOOOOLA COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS !! Que tal levades esta nova semana? ✌

Un mércores máis aquí vos traemos uns NOVOS RETOS para amenizarvos o día!
Estades preparados e preparadas? Pois imos aló! 💪


RETO MENTE EN FORMA:

Sabedes o que é a LINGUA DE SIGNOS? Para os que non o saibades...
lingua de signos é unha maneira a cal permite comunicarse ás persoas que non poden escoitar, e calquera que coñeza esta lingua. 💬

Ainda que nesta lingua cada palabra ten o seu signo, nós propoñémosvos aprender a deletrear o voso nome
Aquí vos deixamos un video do alfabeto. Quen se anima?



Agora seguindo este video anterior. Collede papel e boli para apuntar...
Patri, Ali e Nere, monitoras do cole deixan unha MENSAXE OCULTA! Saberedes dar co que queren dicir? 





Xa sabedes o que vos queren decir? 



_ _    _ _ _ _ _    _ _ _ _ _.


RETO CORPO EN FORMA:

Seguro que todos e todas coñecedes este divertidísimo xogo chamado A MARIOLA, e para os que non, vaivos encantar!
Para realizalo necesitaremos: 

1. Cinta adhesiva que sexa dalgún color, ou 10 follas de papel, numeradas cada unha delas do un ao dez.

2. Alguna cinta adhesiva para pegar as follas ao chan.

3. Un obxecto pequeno e que non rode.

4. Mínimo unha persoa máis que se anime a xogar con nos!

Tedes todo o material listo? Pois imos crear a nosa MARIOLA para poder comezar a xogar. A continuación tedes un exemplo de como podedes facela. 👀





COMEZAMOOOOOS!

Deixámosvos aquí un video explicando como se xoga e as normas, para que ninguén faga trampas 😏



QUEREMOS UN VIDEO DEMOSTRANDO O GRAN EQUILIBRIO QUE TEDES! 🏃



Recordade: 

Fotos 1 punto
Video 10 puntos

Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfk67D-SR6PjBRDOhylnq46nUyWKQn2kAdZBiCT5PLxWzLuPA/viewform

No hay comentarios:

Publicar un comentario