RETO 12

RETO 12: 17 de abril de 2020


Ola súper inventores!! Xa estamos a comezar a fin de semana e para celebralo témosvos preparado un reto xenial, que hoxe, ten unha dobre función aínda máis chula que de costume.

Seguiremos acumulando eses ANTIVIRUS para ser o colexio con máis súper poderes do mundo, pero ademáis, ATENCIÓN!!. 

Os vídeos que mandedes como resposta ao reto de mente en forma, poderán ser seleccionados para aparecer na páxina do CONCELLO DE A CORUÑA e así seguir dando folgos a esos milleiros de persoas que seguen a coidar de nós para que todo saia ben!! 😊


RETO MENTE EN FORMA

💜💛💚💙

Este vai ser un reto especial, un doble reto posto que foron os nenos e nenas do CEIP CURROS ENRIQUEZ os que retaron o noso colexio a debuxar un montón de arcos da vella que enchan de cor os vosos videos e fotos.

Pois ben, como vos adiantamos, este reto de hoxe estará destinado, xunto con outros nenos e nenas, a ENVIAR UNHA MENSAXE  a todos aqueles sanitarios e traballadores que están esforzándose para que todos estemos ben coidados e sigamos aprendendo a como coidarnos tamén xuntos.

Teredes que facer un arco da vella 🌈 da forma máis creativa que se vos ocurra, cunha mensaxe para todos eses súper heroes e súper heroínas que seguen a traballar moito para que todo vaia ben.

Poderedes empregar pinturas, trociños de papel de cores, materiais de refugallo como cartóns, tapóns, etc... e eso sí logo de telo feito coa vosa mensaxe de ánimo, faredes un vídeo ou a foto coa vosa obra que de seguro fará que todos eles se sintan xenial por saber que nos teñen ao seu carón. 

XUNTOS TODO SAIRÁ BEN 😃

(IMPORTANTE: As fotos ou vídeos terán que ser individuais de cada neno ou nena)  ❗❗







RETO CORPO EN FORMA

Non íamos quedar sen RETO para mover o esqueleto non sí? esta vez vai ser un exercicio con un pouco de movemento e un pouco de misterio!! ¿Cal é o misterio? Pois ben, o misterio está dentro das nosas casas e nós coma bos detectives que somos... IMOS A RESOLVELO! 

¿Cómo? imos a nomearvos 12 OBXECTOS con diferentes características e vós teredes que atopalos dentro das vosas casas 🏡 Iredes xuntandoos ata que este misterio misterioso esté ben resolto. 

Pronto seredes grandes detectives e esta será a proba definitiva! 

ESTADES PREPARADOS? 

OBXECTOS A INVESTIGAR: 👀


1. Atopa algo que cheire rico.

2. Atopa algo que sexa áspero.

3. Atopa algo que faga moito ruido.

4. Atopa algo que saiba rico.

5. Atopa algo que sexa longo

6. Atopa algo que non faga ruido.

7. Atopa algo de cor branco.

8. Atopa algo de cor vermello.

9. Atopa algo que sexa mui pequeno.

10. Atopa algo que sexa bonito. 

11. Atopa algo que sexa divertido.

12. Atopa algo que sexa verde.


Déchedes con todos os obxectos?
Xa temos o noso misterio e os mellores detectives!!!

LEMBRADE:

Fotos: 1punto

Vídeo: 10 puntos


Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos e que os vosos compañeiros vos vexan, que de seguro teñen moitas ganas, debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfk67D-SR6PjBRDOhylnq46nUyWKQn2kAdZBiCT5PLxWzLuPA/viewform

No hay comentarios:

Publicar un comentario