RETO 11: 15 de abril de 2020
Bos díaaaaaas compañeiros e compañeiras! Como levades estes días? Vamos co RETO do ecuador da semana, estades listos? 😃
15 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO ARTE !! 🎉
Hoxe é un día moi importante, é o DÍA MUNDIAL DO ARTE, e... sabedes que hai SETE TIPOS DE ARTE?
1. PINTURA 5. DANZA
2. ESCULTURA 6. ARQUITECTURA
3. LITERATURA 7. CINE
4. MÚSICA
PROBA MENTE EN FORMA:
Como todos somos uns e unhas artistas, imos celebralo por todo o alto!
Neste primeiro reto propoñémosvos que nun folio vos inventedes unha pequena historia e a ilustredes! Arriba esa imaxinación 🎨
Tédelo xa listo? Queremos ver esas obras de arte! ✌
Sabedes que dous tipos de arte estivemos a traballar neste primeiro reto?
PROBA CORPO EN FORMA:
Para rematar este día de retos, imos polo último!
A todas e todos seguro que vos soa esta canción, ben, pois esta vez vamos a ter que facer algo súper divertido!
Collede as vosas mellores galas, disfrazádevos... estades listos?
Queremos un baile ou unha representación dun trociño de esta canción, e se alguén máis se anima é un puntazo! 💃 🎭 🎬
Cal é o voso persoaxe favorito da canción?
E por suposto... QUEREMOS VER O RESULTADO! 🙅
ÁNIMO FAMILIA! CADA VEZ QUEDA MENOS PARA DESFRUTAR TODOS XUNTOS
PD: ESTADE ATENTOS MAÑÁ AS 12:00 H. QUE IMÓS MANDAR UNHA MENSAXE NO BLOG, GRAZAS.
Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos e que os vosos compañeiros vos vexan, que de seguro teñen moitas ganas, debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario