RETO 21

RETO 21: 8 de maio de 2020

Ola olaaaa rapaces e rapazas!! 💙💚💛💜😊 
Como o levades? Imaxinamos que agora que podedes sair da casa a dar un paseo o estaredes levando moito mellor!!😎 Cada día é un día menos menos para que lle gañemos a partida a este virus ✌


RETO CORPO EN FORMA:


Ben, pois para este RETO teremos que buscar un dado do parchís, ou se non temos facer un con papel.
Aquí deixámosvos un video para facer un! 







O dado ten 6 lados e cada un deles ten un número: 1, 23456 . Cada número no noso xogo, terá un exercicio diferente. Estos exercicios de super enerxía serán os seguintes:

1 - Faremos 10 saltos cos pes xuntos
2 -  Aguantaremos levantando un pé contando ata 10
3 - Saltar levantando todo o que poidades os xeonllos e contar ata 10
4 - Faremos 7 sentadillas
5 - Faremos o que pon o número 1 e o número 4
6 - Faremos 10 flexións

XA O TEDES? 💃

Agora faremos o seguinte. Imos tentar respostar unha a unha as seguintes cuestións, e cada vez que non demos coa resposta acertada, tiraremos o dado e buscaremos o exercício que corresponde co número que nos saíra
Estades preparadas e preparados?

1 - Que é o que temos que facer cando chegamos a casa da rúa?  


A - Estirarme no sofá.

B - Lavar as mans con auga e xabón 40 segundos.

C - Comer un pouco de froita.

2 - Canto mide o pescozo dunha xirafa? 


A - Catro metros.

B - Dous metros.

C - Cinco metros.

3 -  Cantas veces temos que lavar as mans ó longo do día? 


A - Unha.

B - Non hai que lavar as mans.

C - Cada pouco tempo e sempre que cheguemos da rúa.

4 - Como se chama a praia mais grande de Madrid?

A - Chamartín.
B - Non ten praia.
C - Vallecas.

5 - Cantos peldaños ten a Torre de Hércules?

A - 234.
B - 365.
C - 247.

6 - Cal é a cor que ten a auga?

A - Depende do sabor que sea.
B - A auga non ten cor.
C - Azul.

7 - Que pasa entre as 5 da tarde e as 7 da tarde?

A - Un avión
B - Duas horas
C - Unha mosca

8 - Cantas patas ten un cangrexo ?


A - Oito.

B - Cen.

C - Dez.

9 - Canto suma 10 + 3?

A - 12
B - 13 
C - 12+1

10 - Cal e o nome da actividade na que se utilizan patíns?

A - Esquí.
B - Patinaxe.
C - Tenis.

11 - ¿Cómo será de grande un habitación de 20 metros?

A - 10 Metros.
B - 2 metros.
C - 20 metros.

12 - Se baixas no ascensor que botón pulsas?

A - 0.
B - 1.
C - Baixo.

RESPOSTAS: (1 - B, 2 - C, 3 - C, 4 - B, 5 - A, 6 - B, 7 - B, 8 - C, 9 - B, 10 - B,11 - C, 12 - A) 


RETO MENTE EN FORMA:

Este xogo é moi sinxelo e divertido! TEDES BOA MEMORIA?Pois imos comprobalo!! 💭
Só necesitamos unha cartulina e unhas cores. 🎨

Recortaremos unhas tarxetas do mesmo tamaño e forma na cartulina e faremos en cada unha delas un debuxo, cando xa as teñamos, volveremos facer o mesmo e os mesmos debuxos creando outras tarxetas idénticas ás anteriores. 
Así teremos os debuxos repetidos dúas veces!
O xogo consistirá en ir dando a volta a cada tarxeta e tratar de encontrar a sua parella correspondente. Se se acerta a parella, as tarxetas quedarán descubertas e, se pola contra, non acertamos, volveremos a poñelas boca abaixo para ocultar de novo o debuxo.

QUE TAL SE VOS DA? 
E se facedes unha competición contra alguén a ver quen tarda menos en acertar todas as parellas?

Recordade: 

Fotos 1 punto

Video 10 puntos


Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfk67D-SR6PjBRDOhylnq46nUyWKQn2kAdZBiCT5PLxWzLuPA/viewform


No hay comentarios:

Publicar un comentario