RETO 22

RETO 22: 11 de maio de 2020
Ola rapaciada! Xa queda menos pra que todo isto remate 👏
Imos comezar a semana con estos dous retos! Imos aló!!

RETO CORPO EN FORMA



Hoxe imos converter a túa casa na pista do noso circo, ti serás o noso artista. Contaremos coa presenza de trapecistas, equilibristas, malabaristas e auténticos animais adestrados. Únete ao noso espectáculo!!


  1.  Para dar comezo presentamos o desfile de cabalos: Da saltiños dun pé ao outro subindo os xeonllos imitando o trote do cabalo, e fai un percorrido pola pista central do teu circo durante 30 seg.
  2. Damos paso ás ras saltarinas: Agáchate cos brazos entre as pernas como unha ra e salta desde esa posición estirándote e volvendo despois á mesma posición de ra. Debes facelo 10 veces para completar a actuación.
  3.  A continuación chegan á pista do circo os trapecistas: Necesitas unha cadeira, séntate de lado e levanta as dúas pernas á vez que baixas o corpo quedando estirado cara arriba e mantén esta posición de equilibrio 10 seg.e repíteo 5 veces. Agora fai o mesmo cara abaixo, sube as pernas e mantén o corpo estirado cos brazos en cruz apoiado sobre a barriga, aguanta 10 seg. e repíteo 5 veces.
  4.  Agora chega o momento dos equilibristas: Coloca no chan unha cinta, corda ou cinto, camiña sobre el cun pé diante do outro pisando enriba da cinta avanza cara adiante e despois volve cara atrás, faino 3 veces. Parado  sobre a cinta mantén o equilibrio sobre un pé cos brazos en cruz 10 seg. Fai o mesmo sobre a outra perna. Os equilibristas máis expertos poden intentar estirar a perna atrás e aguantar o equilibrio nesa posición.
  5.  Para rematar tócalle a quenda aos malabaristas: Practica cos teus malabares, intenta facelo o maior tempo posible. 

RETO MENTE EN FORMA:



Supoñemos que todos tedes na casa unha baralla de cartas non? Pois a proba consiste en facer un CASTELO DE NAIPESCanto máis alta e máis cartas, MELLOR. 




Recordade: 
Fotos 1 punto
Video 10 puntos


Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:

No hay comentarios:

Publicar un comentario