Ola rapaces e rapazas! Aquí estamos de novo para traervos novas probas que superar, estades preparados? Pois imos alá!
PROBA CORPO EN FORMA
TRABALLAMOS A VELOCIDADE
Como van esas pernas? Preparadas para unhas carreiras?
Nesta proba traballaremos a velocidade na medida do posible.
Para realizala temos que utilizar o espazo da casa mais longo que haxa.
Colocaremos nun extremo dese espazo unha serie de obxectos que teñades , como poden ser xoguetes, libros, rolos de papel hixiénico... en total debe haber como mínimo 10 pezas.
O obxectivo é levar todos os obxectos ao outro extremo do espazo o máis rápido posible e sempre transportando solo unha peza por cada viaxe que fagamos.
Estades cansos?
O ideal é que fagades dúas veces o exercicio, volvendo a deixar todos os materias no extremo no que estaban ao principio.
PROBA MENTE EN FORMA
PREPARA O TEU AVIÓN
Como sabedes está a chegar un montón de material en avión dende outros países para que os nosos sanitarios e sanitarias esten protexidos e protexidas para poder axudar aos enfermos polo coronavirus.
Debuxa un avión e adórnao coloreándoo ou pegándolle diferentes materiais e móstranos o resultado!
Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos e que os vosos compañeiros vos vexan, que de seguro teñen moitas ganas, debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
No hay comentarios:
Publicar un comentario