RETO 4: 30 de marzo de 2020
Boas nosos super heroes!!!
Boas nosos super heroes!!!
¿Cómo foi esa fin de semana na casiña?. Esperamos que coma nós estivérandes moi entretidos e sobre todo divertíndovos moito. Pois ben, comeza a semana e con ela, unha chea de retos novos que superar para conseguir eses antivirus que farán do noso cole o lugar con máis super poderes do mundo.
Estades preparados?
- Recordade sempre adaptarvos o espacio que cada un temos na casa e sobre todo e o máis importante, divertídevos moitísimo!!
Estamos seguros que canto mellor o pasedes superando os retos, máis posibilidades teremos de conseguir a nosa meta.Imos quentando que os retos comezan en 3,2,1...
PROBA CORPO EN FORMA:
CIRCUÍTO MOLÓN
¿Cómo imos con esa forma física?
Queremos que nos demostredes a vosa destreza para pasar unha serie de obstáculos. Asi que para iso, imos facer un circuito caseiro moi molón!!
1. Coloca tres botellas no chan e fai un zig zag. (Coidado non te marees!! 😏😏😏
2. Agora colle tres follas de papel e colócaos en liña recta un pouco separados entre eles. Terás que saltar de un o outro a pata coxa. (Olliño!! non se pode tocar o chan asi que se perdes o equilibrio empeza de novo como un bo guerrilleiro!!) 😼💗
3. Fai unha super croqueta larga no chan. (Unhas tres veces a esquerda e outras tres a dereita,volta e volta!!😆
4. Xunta dúas sillas e pasa reptando por debaixo delas. (Repite no sentido contrario) 💥
Conseguiche chegar á meta do circuito molón? pois por último...
FOTO MOLONA na meta e video de recordo deste super maratón caseiro que acabamos de gañar!!(Aplausos coas máns ben limpiñas!!😆😆👏
PROBA MENTE EN FORMA:
CREAR PARA GAÑAR
Como sabemos, agora mesmo están ahí fora un montón de super heroínas e super heroes, loitando contra este virus fora das súas casas: transportistas,traballadores dos super mercados, médicas,enfermeiros, policías e unha morea de persoas que traballan moitísimo para coidar moito de todos nós. Entre todos podemos darlles as grazas e mandarlles tódalas nosas forzas para que consigan derrotalo moi pronto. 👏
Cómo? pois da maneira máis máxica e xenial que temos, a nosa creatividade que como sabedes, ten super poderes inimaxinables.
. Failles un debuxo e escríbelles unha carta a todos e todas para que reciban tódalas nosas forzas, que estamos seguros serán o mellor agasallo para seguir con ese sorriso xigante co que realizan o seu traballo tódolos días.
.(Empregade o material que queirades e sobre todo disfrutade do debuxo, estamos seguros que hai unha morea de artistas no noso cole!!)
Entre todos derrotaremos este virus!!
Recordade:
Fotos: 1punto
Vídeo: 10 puntos
Animádevos!!
Non esquezades que para poder publicar as vosas respostas aos nosos retos e que os vosos compañeiros vos vexan, que de seguro teñen moitas ganas, debedes de ter cuberta a autorización de imaxe na seguinte ligazón:
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9
#quedatenacasa #entrenandoduro #móvete
No hay comentarios:
Publicar un comentario