jueves, 16 de abril de 2020

ARTE E MOVEMENTO!!

OLA OLAAA RAPAZAS E RAPACES!!! 

¿Cómo levamos a semana? Sabemos que estandes a facelo mellor que ningúen e por iso cada día estamos máis preto de conseguir ese XAQUE AO VIRUS
Quedando na casa, lavando ben as mans e divertíndonos cos nosos retos todo sairá ben!! 😎💓

Onte como sabedes, celebrouse o DÍA MUNDIAL DO ARTE! Este día foi elexido o 15 de Abril por ser o día no que naceu un dos máis xeniais artistas de tódolos tempos, Leonardo Da Vinci
Como xa sabemos o arte é un dos inventos máis xeniais do ser humano. A través do arte expresamos un montón de emocións, realidades e situacións que nos serven para contarlle a outros como vemos e percibimos o 🌍. 
O arte é un increíble e importantísimo recurso, e por iso traémosvos un xenial video que conta como foi a época na que viviu o noso homenaxeado e increíble Leonardo. ¿Acompañádesnos? 




E despoís deste video, imos  a presentarvos unha idea xenial para facer un circuito super molón dentro da casa
Só necesitaredes: uns cantos papeis que podedes pintar, unha man (a vosa man), un plato para os círculos e un zapatiño para deseñar os pés. 
E xa podemos crear un pasadizo super molón!! 
Podemos empregalo por exemplo para percorrer un pequeno traxecto dentro da casa, para ir do sofá a cociña e repetilo cantas veces queiramos mentres coidamos o noso corpo. 
PROBAMOS?



* Recordade enviar as vosas respostas ós nosos retos e seguide moi atentos porque o que ben mañá vai servir para que moitos nenos coma vós e moitas outras persoas, saiban que estamos na casa pero non paramos para poder vencer xuntos!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario