jueves, 28 de mayo de 2020

SEGUIREMOS DEIXANDO EN XAQUE AO VIRUS

Ola rapazas e rapaces! 
Chegamos ao remate desta gran aventura que compartimos xuntos para vencer ao virus. 
Solo nos queda darvos as grazas por todo o que nos alegraches coa vosa participación nos retos e con cada vídeo e foto onde nos mostraches o ben que se vos da superar e conseguir todo aquelo que vos propoñedes! 
Tamén agradecer a esas nais e pais que, a veces detrás e a veces diante da cámara, axudaron a que semana tras semana puidésemos ver como superabades todos os retos.

Haberá unha entrega de diplomas e medallas a aqueles nenos e nenas que participaron no "Xaque ao Virus", serán os días 1, 2 e 3 de xuño no Fórum Metropolitano de 16:00 a 18:00. 

Como o Fórum Metropolitano aínda non está aberto ao público,  deberedes de identificarvos na entrada e será obrigatorio o uso da mascarilla.

Deixamos este vídeo con moitos dos bos momentos que nos destes durante todo este tempo. 
Moitas grazas a todos e desexámosvos o mellor dos veráns!





No hay comentarios:

Publicar un comentario