Ola ola familia! Que tal levades o reto 5?
Nos pensamos que para amenizarvos este mércores sería boa idea compartir con todos vos un corto sobre o importante que é a empatía. Porque... sabedes o que é non?
Para os que non o sabedes, a empatía é a capacidade de poñerse no lugar doutra persoa, esto quere dicir; entender os seus sentimentos, pensamentos e emocións.
Aquí vos deixamos o corto chic@s! Esperamos que vos guste moito 😍
No hay comentarios:
Publicar un comentario