martes, 7 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Bos días rapaces e rapazas! Que tal levades o comezo de semana? Nos acabando xa o RETO de mañá para que o pasedes todos e todas en grande! 💥

Non sei se o sabedes peeeero…

HOXE É 7 DE ABRIL, E CELÉBRASE O DÍA MUNDÍAL DA SAÚDE!! 👏



A saúde a parte de non estar enfermiños, supón moitas máis cousas do noso día a día. Así que para celebrar este día propoñémosvos uns plans para facer en familia, imos alá!!

Unha nutrición equilibrada é moi importante para estar sans, aquí vos propoñemos unha receta para facer todos xuntos unhas deliciosas galletas con chocolate. 
Seguro que vos saen moooooi ricas!! 😍



Que tal estaban esas galletas con chocolate? Por último chegou o momento de baixalas facendo un pouco de exercicio, poñede todos a roupa de deporte que imos sudar en 3, 2, 1… 💪



Esperamos que vos gustaran estas duas propostas para pasar un día entretido. 

Mañá vimos cun novo RETO as 12:00, así que, estade moi atentos! 👀

No hay comentarios:

Publicar un comentario